Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vito
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Vitus, interpretado como unha masculinización de uita, 'vida': 'vivo, vital'. Non obstante, debe terse en conta que Vito é tamén a transcrición latina do nome xermánico Wido ou Wito.
Motivación
San Vito de Lucania, natural de Sicilia, foi martirizado xunto coa súa ama de cría, santa Crescencia, e o home desta, san Modesto, no ano 303. Por coincidir a súa festa co solsticio de verán, na cal se danzaba, puxéronlles nos textos medievais o nome de "baile de san Vito" a varias neuropatías: a corea e mesmo a epilepsia.
Chamáronse así
É un nome habitual en Sicilia e no sur de Italia: lémbrese o ficticio capo mafioso norteamericano don Vito Corleone, de orixe siciliana, da novela The Godfather (1969) ‘O padriño’, do escritor italoamericano Mario G. Puzo, levada ao cinema, en tres partes, por Francis Ford Coppola entre 1972 e 1977.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Vitus | |
Veit | ||
Catalán | Vit | |
Español | Vito | |
Éuscaro | Vito | |
Francés | Vitus | |
Veit | ||
Italiano | Vito | |
Portugués | Vito |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Vito
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]