Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vitorio, Vitoria
Nome cristián
Pronuncia
Vitorio:
Vitoria:
Variantes
Masculinas Vitoiro
Hipocorísticos
Femininos
Vivi, Totora, Vitola
Etimoloxía e historia
Do nome persoal latino Victorius, relacionado popularmente con Víctor pero procedente dun nome persoal máis antigo, Vitorius, Viturius, de orixe etrusca.
A forma feminina é unha advocación da Virxe María, eco dun culto romano anterior. É posible que unha variante que non triunfou sexa a que se conserva na denominación San Fitoiro.
Motivación
A Vitoria era unha das máis antigas divindades romanas, e os seus atributos —a palma e a coroa— eran tema frecuente das moedas. No Capitolio tivo unha estatua de ouro. Presidía as carreiras de circo. Identificárona coa Niké grega alada.
Por outra parte, santa Vitoria foi unha virxe romana martirizada no século III preto de Tívoli. A tradición galega faina irmá dos sete santos galaicos, como santa Eufemia.
San Vitorio foi outro dos santos catacumbais que entraron en Galicia a finais do século XVIII. Neste caso foi unha doazón do papa Pío VI ao cardeal Zelada de Santiago en 1789. Con todo, non tivo tanto éxito popular coma outros santos da mesma procedencia como santa Minia ou san Campio.
Chamáronse así
A raíña Vitoria de Hannover do Reino Unido e Irlanda, que gobernou o seu país e o extenso Imperio británico ao longo de 64 anos (a época ‘vitoriana’), de 1837 a 1901.
Victoria Kent (1898-1987), natural de Málaga, avogada e política que, xunto con Clara Campoamor foron as dúas únicas mulleres elixidas deputadas a Cortes da II República (1931); foi famosa a controversia entre elas sobre a aprobación inmediata ou posterior do voto feminino.
María Victoria Casares Pérez (1922-1996), María Casares, coruñesa que chegaría a ser unha das principais actrices de teatro francesas, filla do político Santiago Casares Quiroga, quen a denominaba familiarmente co hipocorístico de Vitola.
De interese para Galicia é a figura da estremeña María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres 1939 - Pontevedra 2005), escritora en lingua galega e tradutora, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2018.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Vicki (hip.) | |
Viktorius | Viktoria | |
Catalán | Victòria | |
Español | Victorio | Victoria |
Éuscaro | Viktoria | |
Gurenda | ||
Garaitza | ||
Garaipen | ||
Garaiñe | ||
Bittore | ||
Bitori | ||
Francés | Victorie | Victoire |
Inglés | Vicky (hip.) | |
Victoria | ||
Italiano | Vittorio | Vittoria |
Portugués | Vitório | Vitória |
Romanés | Victoria |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]