Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vitoriano
masculino
Nome cristián
Véxase Vítor
Etimoloxía e historia
Do nome latino Victorianus, derivado de Víctor.
Motivación
San Vitoriano foi un santo italiano do século VI, posiblemente discípulo de san Bieito; parece ser que as súas reliquias se atopan no mosteiro de San Victorián (San Beturián en aragonés) de Asán, no alto Aragón.
Chamáronse así
En Galicia tiveron este nome os escritores Victoriano García Martí (1881-1966) e Victoriano Taibo García (1885-1966).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Victorià | |
Español | Victoriano | |
Éuscaro | Viktoriano | |
Bittoren | ||
Francés | Victorien | |
Italiano | Vittoriano | |
Portugués | Vitoriano |
Antes e despois de Vitoriano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]