Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xacinto, Xacinta
Nome mitolóxico
Pronuncia
Xacinto:
Xacinta:
Hipocorísticos
Másculinos Chinto
Femininos Chinta
Etimoloxía e historia
Do latín Hyacinthus, que procede do grego Hyákinthos, voz talvez de orixe pregrega, non ben coñecida, que designa a flor do xacinto, unha planta liliácea. É un dos nomes de persoa procedentes de flores, como Narciso ou Rosa, Violeta, Dalia etc.
Motivación
Na mitoloxía grega, Xacinto era un mozo de gran beleza amado á vez por dous deuses, Apolo e Céfiro. Celoso este último —deus do vento do oeste—, fixo que Xacinto se cortase no cranio cun disco que lle lanzara Apolo; antes de que morrese, Apolo impediu que o Hades reclamase a alma do seu amado e do seu sangue derramado fixo agromar unha flor, o xacinto.
O primeiro santo que levou este nome foi un mártir en Roma do século III. San Xacinto de Cracovia (século XIII), frade dominicano que fundou conventos na Europa centrooriental, foi misioneiro en Polonia, Rusia e Ucraína.
Chamáronse así
Jacinto Crespo Figueras (1849-1931), Chinto Crespo, mestre na escola fundada polo Sindicato de agricultores de Teis e político agrarista. Jacinto Benavente (1866-1954), dramaturgo en lingua castelá, Premio Nobel de Literatura en 1922.
Jacinto do Prado, autor do primeiro vocabulario castelán-galego (Lalín 1907).
Jacint Verdaguer (1845-1902), mosén Cinto Verdaguer, poeta e sacerdote catalán, un dos principais impulsores da Renaixença catalá do século XIX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hyacinth | |
Hyazinth | ||
Catalán | Jacint | Jacinta |
Español | Jacinto | Jacinta |
Éuscaro | Jakinde | |
Hiazinto | Hiazinta | |
Francés | Hyacinthe | Hyacinthe |
Inglés | Hyacinth | |
Italiano | Giacinto | |
Portugués | Jacinto | Jacinta |
Romanés | Hiacint |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]