Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xacob
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Xacob é un nome de moi antiga tradición no hebreo. A mesma Biblia tenta dar unha explicación do seu significado (Xén. 25,25 e 27,36). O étimo remoto é Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca, nacido en parto duplo despois de Esaú. Neste caso na Biblia interprétase o nome como derivado de 'âquebh 'calcañar', porque ao nacer agarraba coa man o calcañar de seu irmán. Por etimoloxía popular, asociouse á raíz 'âqab 'suplantar, enganar', porque Xacob suplantou a Esaú na primoxenitura. Non obstante, o máis probable é que se trate dun nome teofórico que contén a raíz 'qb 'protexer', co significado de 'Deus protexeu'.
Motivación
Na Biblia, Xacob foi un patriarca de Israel, fillo de Isaac e de Rebeca e xemelgo de Esaú. Comproulle ao seu irmán o dereito de primoxenitura por un prato de lentellas e recibiu mediante engano a beizón do seu pai, vello e cego. Marchou a Mesopotamia para fuxir da ira do seu irmán. Alí gardou o gando do seu parente Labán e casou coas súas fillas, primeiro con Lea, de quen tivo dez fillos, e despois con Rebeca, de quen tivo os dous últimos. Os seus doce fillos darían nome ás doce tribos de Israel.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Jakob | |
Catalán | Jacob | |
Español | Jacob | Jacoba |
Éuscaro | Jagobe | |
Jakob | Jakoba | |
Francés | Jacob | |
Inglés | Jacob | |
Italiano | Giacobbe | |
Portugués | Jacob | |
Romanés | Iacob | |
Ruso | Iakob |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]