Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vitorino, Vitorina
Nome cristián
Pronuncia
Vitorino:
Vitorina:
Véxase Vítor
Etimoloxía e historia
Do nome latino Victorinus, derivado de Víctor.
Motivación
Segundo a tradición, san Vitorino foi martirizado en Roma no século III co seu irmán san Claudio e o seu tío san Sinforiano; documéntase o seu culto na Gallaecia do século VI.
A estela funeraria dun tal Victorinus achada no adro de Santa Baia de Tines (Vimianzo), datada a finais do século IV, ao incluír xunto á inscrición do seu nome a fórmula “in pace”, tense como o primeiro testemuño epigráfico da existencia dunha comunidade cristiá na Gallaecia romana rural.
Chamáronse así
O escritor Victorino Abente Lago (1846-1935), nado en Muxía.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Victorinus | |
Catalán | Victorí | |
Español | Victorino | |
Éuscaro | Viktorino | |
Francés | Victorin | Victorine |
Inglés | Victorinus | |
Italiano | Vittorino | |
Portugués | Vitorino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]