Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Virxilio, Virxilia
Personaxe histórico
Pronuncia
Virxilio:
Etimoloxía e historia
Do latín Vergilius ou Virgilius, nome dunha gens romana. Probablemente en relación con uergo 'inclinar, declinar (un astro)', de onde as Vergiliae, as Pléiades, que aparecen contra o remate da primavera.
Motivación
Publio Virxilio Marón (c. 70-19 a. C.) é o poeta latino autor dun tratado de agricultura (Xeórxica), de poemas pastorís (Églogas) e do poema épico que canta a historia de Roma e a obra do emperador Augusto (a Eneida). Neste último creou dous personaxes excepcionais, Eneas e Dido, que tiveron moita vida literaria posterior. Foi un dos escritores favoritos da crítica e da escola. Virxilio foi o poeta escollido por Dante na Divina comedia como guieiro para baixar ao inferno.
Levou este nome san Virxilio de Salzburgo (século VIII), bispo desta cidade austríaca.
Chamáronse así
Dous artistas galegos: o pintor Virxilio Fernández (1925-2011) e o fotógrafo Virxilio Viéitez (1930-2018).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Virgili | |
Español | Virgilio | Virgilia |
Éuscaro | Virgilio | |
Vergil | ||
Francés | Virgile | |
Inglés | Virgil | |
Italiano | Virgilio | |
Portugués | Virgílio | Virgília |
Romanés | Virgil |
Antes e despois de Virxilio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]