Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Virtudes
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Virtudes:
Etimoloxía e historia
Do latín uirtutes, plural de uirtus 'forza, enerxía, valor', de onde vén o sentido máis xeral de 'virtude'; propiamente a calidade de home, uir, isto é, a virilidade, a forza.
Motivación
Como nome de pía fai referencia ás virtudes teologais cristiás: fe, esperanza e caridade, que xa na antiga Roma recibían culto.
É tamén unha das advocacións da Virxe, que mesmo conta con santuarios propios, entre eles os de Ribadeo e Pontedeume.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Virtudes | |
Portugués | Virtudes |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Virtudes
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]