Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Violante
feminino
Personaxe histórico
Véxase Iolanda
Etimoloxía e historia
É a latinización da forma francoprovenzal Iolande, Iolant.
Motivación
Violante de Aragón (1236-1300), infanta de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador e de Violante de Hungría, foi raíña consorte de Castela ao casar con Afonso o Sabio en 1249, cando só tiña 13 anos. Como tardaba en quedar encinta, o rei castelán, pensando que era estéril, quixo que o papa anulase o matrimonio. Finalmente tiveron cinco fillos e sete fillas, unha delas, a infanta Violante de Castela, chamada coma ela.
Violante de Aragón e Hungría, nada en Zaragoza en 1236, foi raíña consorte de Castela por ser esposa de Afonso o Sabio. Era filla de Xaime o Conquistador de Aragón e de Violante de Hungría. Faleceu en Roncesvalles en 1301, e suponse que alí está enterrada. Non obstante, unha tradición asegura que o lugar do enterro foi o mosteiro de Santa Clara de Allariz, que ela fundara en 1268. De feito, un neto dela, o infante Filipe, si está enterrado neste convento. Outra tradición, centrada en Estremadura, fala de que a raíña dona Violante –alcumada “la gallega”– doara aos moradores de Hervás (Cáceres) en 1264 un bosque de castiñeiros para asentar a poboación e que esta puidese criar gando. O souto mantívose para uso público ata o séc. XX, e ben que aproveitou a veciñanza as súas castañas, os seus cogumelos e a súa madeira, base da industria local do moble. Lenda ou realidade, o caso é que hoxe este lugar, declarado paisaxe protexida, conserva o nome de “El Castañar Gallego”.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Catalán | Violant | |
| Español | Violante | |
| Italiano | Violante | |
| Portugués | Violante |
Antes e despois de Violante
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




