Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Valeriano, Valeriana
Personaxe histórico
Pronuncia
Valeriano:
Etimoloxía e historia
Xentilicio de Valerius, que á súa vez era un derivado de valere 'estar ben de saúde, estar san'.
Motivación
Levou este nome o emperador romano Publio Licinio Valeriano (252-260), que subiu ao poder con 60 anos e tivo que facer fronte a cinco guerras simultáneas contra godos, alamáns, francos, escitas e persas. Mandou o seu fillo Galieno dirixir as de Occidente e el ocupouse das de Oriente. Na persecución que decretou contra os cristiáns sufriron martirio varios papas e tamén o bispo san Cibrán de Cartago.
Entre os santos con este nome, cóntase un san Valeriano de Roma, martirizado con san Tiburcio no século II; outros dous foron bispos: un de Aquilea (Italia), do século IV, e o outro de Abbensa (norte de África), do século V, vítima do rei vándalo Xenserico.
Chamáronse así
Valeriano Villanueva (1865-1943), teórico da agricultura galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Valerian | Valeriane |
Catalán | Valerià | Valeriana |
Español | Valeriano | Valeriana |
Éuscaro | Balerene | |
Valeriano | Balene | |
Francés | Valérien | Valériane |
Inglés | Valerian | |
Italiano | Valeriano | Valeriana |
Portugués | Valeriano | Valeriana |
Antes e despois de Valeriano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]