Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Valdo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente que está formado a partir da raíz gótica waldan ‘gobernar’.
Motivación
Segundo unha tradición, san Valdo de Évreux foi bispo desta cidade francesa, no reino merovinxio de Neustria. Valdo de Richenau foi abade no mosteiro deste lugar, importante centro do imperio carolinxio (séculos VIII-IX).
Chamáronse así
Waldo Álvarez Insua (A Estrada 1858 - Madrid 1938), xornalista moi activo en Cuba a prol de Galicia e dos emigrantes galegos, director do xornal El Eco de Galicia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Waldo | |
Español | Waldo | |
Inglés | Waldo | |
Portugués | Valdo |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]