Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Urbano
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Urbano:
Etimoloxía e historia
Do latín Urbanus 'cidadán, pertencente á cidade (particularmente Roma)', e despois 'educado, pulido', en oposición a rusticus 'campesiño, labrego'; de urbs 'cidade, urbe', voz de orixe prelatina.
Tamén é posible que a relación co adxectivo 'cidadán' sexa por etimoloxía popular e que Urbanus sexa unha transformación do nome xentilicio Urbanius, testemuñado en época clásica a carón de Urbinius, de orixe non romana.
Motivación
Houbo un total de oito papas con este nome, só un deles canonizado: santo Urbano I (222-230). Urbano II (1088-1099) condenou a investidura laica, o nicolaísmo e a simonía; excomungou o rei francés Henrique I, loitou contra o emperador Henrique IV de Alemaña e anunciou a primeira cruzada no concilio de Clermont-Ferrant, entre outros motivos para unir os monarcas cristiáns de Europa nunha causa común. Urbano VIII (1623-1644) caracterizouse polo seu nepotismo; durante o seu pontificado foron condenados Galileo (1633) e Xansenio (1643).
Chamáronse así
Os pintores galegos Urbano Lugrís González (1908-1973) e Urbano Lugrís Vadillo (1942-2018), pai e fillo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Urban | |
Catalán | Urbà | |
Español | Urbano | |
Éuscaro | Urbano | |
Francés | Urbain | |
Inglés | Urban | |
Italiano | Urbano | |
Portugués | Urbano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]