Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ubaldo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Ubaldo:
Véxase Hugo
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución moi recente, formado pola mesma raíz ca Hugo e *balth ‘audaz, valente’.
Motivación
Santo Ubaldo de Gubbio (c. 1085-1160) foi bispo desta cidade da Umbria (Italia). É patrón de Gubbio e dos boxeadores, debido a que substituíu na súa diocese as loitas con armas polas loitas cos puños.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hugbald | |
Catalán | Hucbald | |
Ubald | ||
Español | Ubaldo | |
Francés | Hubaud | |
Ubald | ||
Italiano | Ubaldo | |
Portugués | Ubaldo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]