Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Trocado
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Torcato
Etimoloxía e historia
Do latín Torquatus, de torques 'torque, especie de colar ou brazalete': 'adornado cun torque'. Deriva de torqueo 'torcer, virar, revirar'.
Motivación
Na tradición cristiá, san Trocado (século I) sería un dos sete varóns apostólicos enviados a Hispania por san Pedro e san Paulo; considérase o primeiro bispo de Acci (Guadix), en Andalucía. Máis adiante, tras a invasión musulmá (século VIII), ao parecer trasladouse o seu cadáver a Galicia, á igrexa prerrománica de Santa Comba de Bande, onde estivo ata que no século X pasou a San Salvador de Celanova. En 1592 abriuse a súa tumba e repartíronse as súas reliquias por Ourense, Santiago, El Escorial e Guadix.
Chamáronse así
O poeta italiano Torquato Tasso (1544-1595).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Torquatus | |
Catalán | Torquat | |
Español | Torcuato | |
Éuscaro | Torkuato | |
Francés | Torquat | |
Italiano | Torquato | |
Portugués | Torcato |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]