Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ulises
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do latín Ulysses, do grego Odysseús, o heroe da Odisea. A etimoloxía popular que dá o propio Homero é ‘o que odia, que ten rancor’, de odissonai ‘odiar’, pola indignación que manifestou o avó materno de Ulises ao chegar a Ítaca o día en que a súa filla deu á luz o neno. En realidade non se coñece a súa orixe; o único que parece seguro é que se trata dunha forma pregrega, anatolia ou exea.
Motivación
Ulises ou Odiseu, rei de Ítaca, foi un dos máis famosos heroes da mitoloxía grega. Para Homero é o prototipo de home de mar caracterizado pola súa astucia. Participou na guerra de Troia, onde se distinguiu polos seus prudentes consellos; del foi a idea de construír o cabalo de madeira, clave para a conquista da cidade. Ao rematar a guerra quixo volver á súa patria, pero tivo que vagar co seu barco durante dez anos polas costas do Mediterráneo. Foi a Odisea homérica, título tomado do seu outro nome. Chega finalmente a Ítaca cando a súa muller, Penélope, cansa de tecer e destecer a tea, xa estaba a piques de ceder e casar cun dos seus múltiples pretendentes. Axudado polo seu fillo Telémeco, mata os pretendentes e recupera o trono.
Deulle popularidade ao nome a novela Ulysses (1922) do escritor irlandés en lingua inglesa James Joyce, da que Otero Pedrayo traduciría ao galego algúns fragmentos pouco despois da súa publicación.
Chamáronse así
Ulysses Fingal, pseudónimo do pintor Urbano Lugrís.
Ulysses S. Grant (1822-1885), xeneral da Unión na Guerra de Secesión norteamericana e presidente dos Estados Unidos de 1869 a 1877.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ulysse | |
Ulixes | ||
Catalán | Ulisses | |
Español | Ulises | |
Éuscaro | Odiseo | |
Ulises | ||
Francés | Ulysse | |
Inglés | Ulysses | |
Italiano | Ulisse | |
Portugués | Ulisses |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]