Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ulpiano
masculino
Etimoloxía e historia
Do latín Ulpianus, nome de orixe étnica que significa 'procedente de Ulpio', vila dálmata que levou este nome en honor do emperador M. Ulpio Traxano, que gobernou entre os anos 98 e 117. Ulpio era, polo tanto, un antropónimo, e probablemente ten que ver cunha raíz indoeuropea *vulp de onde sae o latín vulpis (que deu o italiano volpe e o galego golpe 'raposo') e o xermánico wulf (que deu o inglés wolf 'lobo' e todos os nomes derivados, como Rodolfo, Adolfo etc.).
Motivación
Domicio Ulpiano (morto no ano 228) foi un xurisconsulto romano que chegou a ser prefecto do pretorio e que morreu asasinado polos propios pretorianos; non obstante, a súa obra xurídica contou con moito prestixio.
Santo Ulpiano (ou Vulpiano) foi un mártir que morreu en Palestina no século IV.
Chamáronse así
Ulpiano Villanueva (Pontedeume 1900 - Santiago 1967), célebre médico da escola compostelá, catedrático de Medicina desde 1935.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ulpianus | |
Catalán | Ulpià | |
Español | Ulpiano | |
Éuscaro | Ulpiano | |
Francés | Ulpien | |
Inglés | Ulpian | |
Italiano | Ulpiano | |
Portugués | Ulpiano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]