Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Toribio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Thorýbios 'ruidoso', derivado de thórybos 'ruído, estrondo'.
Motivación
Hai un san Toribio do século V, natural da Gallaecia sueva, que peregrinou a Xerusalén e trouxo consigo un lignum crucis: un anaco da cruz de Cristo, reliquia moi valorada. Foi bispo de Astorga e combateu o priscilianismo. A finais do século IX trasladaron o seu corpo ao mosteiro cántabro de Turieno, que mudaría o seu nome polo de San Toribio de Liébana.
Houbo outro santo con este nome: san Toribio de Mogrovejo (Cantabria), que viviu de 1538 a 1606. Embarcou para Lima cando o nomearon bispo desta cidade da América española.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Turibius | |
Catalán | Toribi | |
Español | Toribio | |
Éuscaro | Toribio | |
Francés | Turibe | |
Italiano | Turibio | |
Portugués | Toríbio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]