Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tobías
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Nome hebreo do Antigo Testamento: de Tob-i-Yah 'Iavé (Deus) é bo', latinizado en Tobías.
Motivación
Na Biblia fálase de dous personaxes con este nome, pai e fillo (século VII a. C.), protagonistas dun relato moi lendario: o vello Tobías, exiliado en Nínive durante o reinado do asirio Senaquerib, quedou cego e enviou o seu fillo a cobrar unha débeda dun tal Gabael. Tobías o mozo emprende o camiño e vese acompañado dun misterioso gardián que resultará ser o arcanxo Rafael. Tras fantásticas vicisitudes, o fillo curará á volta a cegueira do pai co fel dun peixe.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Tobias | |
Catalán | Tobies | |
Español | Tobías | |
Éuscaro | Tobias | |
Francés | Tobie | |
Inglés | Toby (hip.) | |
Tobias | ||
Italiano | Tobia | |
Portugués | Tobias |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]