Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Timoteo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome grego antiquísimo, Timótheos, que levaron moitos gregos ilustres. Composto de timân 'honrar, respectar' e theós 'deus': 'que honra a Deus', a través do latín Timotheus.
Motivación
Este nome foi moi usado polos primeiros cristiáns, polo seu significado, apropiado para un culto monoteísta. Levárono moitos santos e mártires dos primeiros tempos, como san Timoteo de Éfeso (século I), natural de Listra, na actual Turquía, un dos grandes colaboradores de san Paulo, a quen acompañou en varias das súas viaxes. É citado en varias epístolas paulinas, e parece que foi o destinatario da Primeira e da Segunda epístola a Timoteo, relacionadas coa disciplina eclesiástica, das que se discute se foron do de Tarso ou posteriores.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Theus (hip.) | |
Tim (hip.) | ||
Timotheus | ||
Catalán | Timoteu | |
Español | Timoteo | |
Éuscaro | Timoteo | |
Francés | Timothée | |
Inglés | Tim (hip.) | |
Timothy | ||
Italiano | Timòteo | |
Portugués | Timóteo | |
Romanés | Timotei | |
Ruso | Timofei |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]