Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tiberio
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do latín Tiberius 'procedente do Tíber', derivado de Tiberis, nome do romano río Tíber.
Motivación
Tiberio Xulio César Augusto foi o segundo emperador romano, sucesor de Octavio Augusto; gobernou do ano 14 ao 37. Era fillo de Tiberio Claudio Nerón e de Livia Drusila e pertencía á gens Claudia. A súa nai divorciouse do seu pai e casou con Augusto. Tiberio casou con Xulia, filla do emperador, e foi adoptado por este. Na súa mocidade fora un dos grandes xenerais de Roma e sentara as bases da fronteira norte do imperio. En parte polas intrigas da súa nai, Augusto nomeouno sucesor, pero a el seica nunca lle apeteceu o cargo, e pasou á historia como un sombrío gobernante, sempre moi solitario. Ao principio gobernou con siso, pero despois sufriu rebelións das lexións do Danubio e mesmo do xefe da súa garda pretoriana. Autoexiliouse na illa de Capri e desde alí gobernou o imperio ata a súa morte; antes escolleu a Calígula como o seu sucesor. Durante o seu imperio tivo lugar en Palestina a vida pública, o proceso e a execución dun xudeu chamado Xesús de Nazaré.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Tiberius | |
Catalán | Tiberi | |
Español | Tiberio | |
Éuscaro | Tiberio | |
Francés | Tibère | |
Inglés | Tiberius | |
Italiano | Tiberio | |
Portugués | Tibério | |
Romanés | Tiberiu |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]