Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Terencio
masculino
Etimoloxía e historia
Do latín Terentius, nome dunha gens romana. De orixe incerta, xa o erudito Varrón, el mesmo pertencente a esta gens (chamábase Marcus Terentius Varro), o relacionaba co sabino téreno- 'tenro, mol' (voz afín ao latín tener 'tenro'), pero probablemente se trate dunha etimoloxía popular. Outras hipóteses considérano un nome étnico: terentinus no canto de tarentinus 'pertencente ou relativo a Tarentum' (a cidade de Táranto). Tamén pode interpretarse como 'consagrado a Terensis' (deusa que presidía a moenda), ou, finalmente, composto dun primeiro elemento terent- 'vencedor, que vence', paralelamente ao sánscrito tarád- 'vencedor', ben testemuñado na onomástica hindú.
Motivación
O comediógrafo latino Publius Terentius Afer (190-159 a. C.) tomou o nome do seu amo Terencio Lucano, que lle dera a liberdade. Foi un escritor refinado e humanista, pero non tivo tanto éxito popular coma Plauto. Adaptou comedias gregas de Apolodoro e Menandro.
Chamáronse así
Terenci Moix foi o pseudónimo do novelista catalán Ramón Moix i Messeguer (1942-2003).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Terenci | |
Español | Terencio | |
Éuscaro | Terentzio | |
Francés | Térence | |
Inglés | Terence | |
Italiano | Terenzio | |
Portugués | Terêncio |
Antes e despois de Terencio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]