Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Teodosio, Teodosia
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do grego Theodosios, de theós 'deus' e dósis 'acción de dar, dose', derivado de dídōmi 'dar, regalar': 'dado por deus, regalo de deus'.
Motivación
O emperador romano Teodosio (379-395) era de orixe galaica, natural de Cauca, posiblemente a actual Coca, en Segovia (téñase en conta que a finais do século IV a provincia da Gallaecia chegaba ás fontes do río Douro). O historiador galaicorromano Hidacio de Chaves (século V) subliña a galaicidade deste emperador; tamén o cita Paulo Orosio. Castelao incluíuno entre os inmortais galegos na súa Alba de gloria (1948) xunto a Prisciliano, ao papa san Dámaso e á peregrina Exeria. O emperador Teodosio declarou o cristianismo relixión oficial do Imperio. Á súa morte o Imperio dividiuse entre os seus dous fillos: Occidente para Honorio e Oriente para Arcadio.
Houbo tamén un san Teodosio (c. 423-c. 529) anacoreta na Capadocia e outro en Auxerre (Francia), entre os séculos V e VI, así como unha santa Teodosia do século III nacida en Tiro e mártir en Palestina.
Chamáronse así
Teodosio Vesteiro Torres (Vigo 1847 - Madrid 1876), músico, xornalista e escritor galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Theodosius | Theodosia |
Catalán | Teodosi | Teodòsia |
Español | Teodosio | Teodosia |
Éuscaro | Teodosio | |
Francés | Théodose | |
Inglés | Theodosius | Theodosia |
Italiano | Teodosio | |
Portugués | Teodósio | Teodósia |
Romanés | Tudose |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Teodosio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]