Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Teodemiro
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Teodomiro
Etimoloxía e historia
De Theodemirus, latinización medieval do antigo xermánico composto de thiuda 'pobo' e mēreis 'famoso'. Na Idade Media era bastante frecuente e deu lugar ós topónimos Toimil, Tuimil e Toimiro.
Motivación
Na Idade Media era un nome bastante frecuente. Levouno o bispo de Iria que, por volta do ano 820, segundo a tradición xacobea, foi avisado por un pastor e descubriu o suposto sartego do apóstolo Santiago, para despois dálo a coñecer ao mundo cristián. Co paso do tempo, esta tumba daría lugar á formación dunha cidade chamada Compostela, que se convertería nun dos tres principais centros de peregrinación cristiá na Idade Media, xunto con Roma e Xerusalén.
Chamáronse así
Teodomiro (559-570), rei suevo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Theodomirus | |
Theodomir | ||
Catalán | Teodomir | |
Español | Teodomiro | |
Éuscaro | Teodomiro | |
Italiano | Teodemiro | |
Portugués | Teodomiro | |
Teodemiro |
Antes e despois de Teodemiro
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]