Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tegra
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Tegra:
Variantes
Femininas Trega
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico Thecla, do grego Thekla, derivado de Theókleia, nome persoal feminino, composto de theós 'deus' e kléos 'fama, gloria'.
Motivación
Santa Tegra (séculos I-II), nobre doncela de Iconio (Asia Menor), pasa por ser a primeira muller mártir do cristianismo. Convertida por san Paulo, segundo a tradición foi denunciada polo seu prometido, a quen deixara, e sometida a innumerables tormentos pero acabou tranquilamente a súa vida en Seleucia.
O seu culto espallouse moi axiña: do seu santuario en Asia Menor fala a peregrina galega Exeria a principios do século V. É venerada tanto pola Igrexa grega como pola romana. É patroa de Tarragona, a onde chegou unha reliquia en 1320, e tamén recibe culto na Guarda, onde conta cunha ermida no alto do monte que leva o seu nome, cunha concorrida romaxe.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Thekla | |
Catalán | Tecla | |
Español | Tecla | |
Éuscaro | Tekla | |
Tekale | ||
Francés | Thècle | |
Inglés | Thekla | |
Italiano | Tecla | |
Portugués | Tecla |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Tegra
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]