Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tarsicio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico Tarsicius, Tharsicius, do grego Tharsíkios 'audaz, temerario', derivado de thársos 'valor, atrevemento, audacia'.
Motivación
San Tarsicio (século III) foi un sancristán romano de 14 anos a quen outros rapaces mataron a pedradas na Vía Apia por non querer descubrirlles o que levaba agochado no seu peito: o sacramento da Eucaristía para os cristiáns do cárcere de Mamertino.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Tarsici | |
Español | Tarsicio | |
Francés | Tarsice | |
Italiano | Tarsicio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]