Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tamara
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Tamara:
Véxase Támara
Etimoloxía e historia
Nome bíblico, moi usado na Europa oriental que se relaciona co hebreo tāmār 'palmeira', transmitido a través do grego Thámar e o latín Thamar.
Motivación
Na Biblia houbo varias mulleres con este nome, unha delas filla do rei David.
Tamén houbo outra Tamara, raíña de Xeorxia no século XII, que gobernou en paz o seu reino durante trinta anos; recibe culto no seu país, a pesar de que non se atopa no santoral.
Levou este nome a princesa xeorxiana do poema O demo (1838) do poeta ruso Mikhail Y. Lermontov. En España a maior parte das Tamaras danse entre emigrantes rusas. En Galicia, xa desde finais do século XX, pasou a ser un nome considerado diferencial para nenas galegas debido a que se relacionou con Támara, o nome que evoca a forma latina do río Tambre.
Chamáronse así
Tamara de Lempicka (1898-1980), pintora polaca.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Tamara | |
Español | Tamara | |
Francés | Tamara | |
Thamar | ||
Inglés | Tammy (hip.) | |
Tammie (hip.) | ||
Tamara | ||
Portugués | Tamara | |
Romanés | Tamara | |
Ruso | Tamara |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]