Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Taís
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Thaís, antropónimo feminino de orixe escura, a través do latín Thais, posible aférese de Pythaḯs 'misión sagrada enviada a Delfos', onde a Pitia exercía como sacerdotisa no templo de Apolo.
Motivación
Santa Taís era unha cortesá de Alexandría convertida polo ermitán Pafnucio. Tras o seu arrepentimento, mandou queimar as súas riquezas e dedicouse a facer penitencia. É patroa de Alexandría e das mulleres arrepentidas, con certo parecido co caso de María Madalena. Sobre esta santa escribiu Anatole France a obra Thaïs (1890) e Jules Massenet compuxo en 1894 unha ópera co mesmo título.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Thais | |
Catalán | Thaís | |
Español | Thais | |
Éuscaro | Tais | |
Francés | Thaïs | |
Inglés | Thais | |
Portugués | Tais | |
Romanés | Taisa | |
Ruso | Taisia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]