Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Tadeu
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Thaddeus, relacionado inicialmente con thaddayah 'peito de muller' pero que hoxe se considera adaptación aramea do grego Theodoto ou Theodoro, co significado de 'agasallo de Deus'. O caso é que no Evanxeo de Mateu aparece como Lebbeo, en Marcos como Thaddeo e nos Feitos Xudas de Xacobe.
Motivación
San Xudas Tadeu (século I) foi un dos doce apóstolos de Cristo, irmán de Santiago o Menor, evanxelizador da Mesopotamia e Persia, onde morreu martirizado. Como Xudas Iscariote foi o traidor, axiña se empezou a considerar nefando o nome de Xudas entre os cristiáns e por iso quedou reducido a Tadeu.
Chamáronse así
Tadeusz Reichstein (1897-1996), físico polaco-suízo, foi Premio Nobel de Medicina en 1950.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Thaddäus | |
Catalán | Tadeu | |
Español | Tadeo | |
Éuscaro | Tadeo | |
Francés | Thaddée | |
Inglés | Thaddaeus | |
Italiano | Taddeo | |
Portugués | Tadeu | |
Romanés | Tadeu | |
Ruso | Faddei |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]