Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Susana
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Susana:
Hipocorísticos
Femininos Susa, Susi
Etimoloxía e historia
Nome persoal semítico transmitido a través do grego Susanna e Susanná, do hebreo xûxan 'lirio', relacionado co exipcio xoxen 'flor do lodoeiro' tamén chamado 'lamagueiro'. Como nome de orixe semítica é unha variante de Azucena. É un dos numerosos nomes persoais femininos tirados de nomes de flores.
Motivación
No Libro de Daniel do Antigo Testamento figura a historia da “casta Susana”, paradigma da castidade. Era unha muller moi bela acusada de adulterio por dous anciáns libidinosos, en vinganza por non acceder ao trato sexual con eles despois de que a visen bañarse espida. Para a muller o castigo polo delito de adulterio era a morte, pero o profeta Daniel descubriu a verdade e foron os anciáns os castigados. O tema da inocencia perseguida inspirou moitas obras artísticas, entre elas parte d’As mil e unha noites. A escena do baño de Susana cos dous vellos ao axexo foi tema erótico para moitos pintores ao longo dos tempos: Rubens, o Veronés, Van Dyck, Tintoretto, Rembrandt etc.
Santa Susana (século III), mártir romana, era filla de san Gabino e sobriña do papa Caio. As reliquias de santa Susana de Braga —xunto coas de san Froitoso, san Covade e san Silvestre— foron roubadas, no chamado pola Historia compostelá “pío latrocinio”, por Diego Xelmírez tras a visita que fixo en 1102 a Braga, na altura sé metropolitana de Galicia, gobernada por san Xiraldo. Desde Braga nunca se reclamaron e aínda se devolveron, discretamente, en 1994.
Chamáronse así
A actriz Susan Hayward (1918-1975) e a escritora, tamén estadounidense Susan Sontag (1933-2004).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Susi (hip.) | |
Suzanne | ||
Susanna | ||
Bretón | Suzanna | |
Catalán | Susanna | |
Español | Susana | |
Éuscaro | Susane | |
Susana | ||
Francés | Suzon (hip.) | |
Suzette (hip.) | ||
Suzanne | ||
Húngaro | Zsuzsanna | |
Inglés | Sue (hip.) | |
Susie (hip.) | ||
Susannah | ||
Susan | ||
Italiano | Susanna | |
Portugués | Susana | |
Romanés | Suzana | |
Ruso | Susanna |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]