Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Soraia
feminino
Pronuncia
Soraia:
Etimoloxía e historia
Forma persa dun nome árabe que significa ‘Pléiades’, un grupo de sete estrelas na constelación de Taurus. Tense relacionado co árabe zariya 'abundar'.
Motivación
O nome empezouse a popularizar modernamente por medio das revistas do corazón pola sona da princesa Soraia de Irán (1932-2001), sobre todo nos anos en que estivo casada co xa do Irán, Mohammad Reza Pahlavi, entre 1951 e 1958.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Soraya | |
Portugués | Soraia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]