Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sulpicio, Sulpicia
Etimoloxía e historia
Do latín Sulpicius, nome dunha gens romana de orixe incerta.
Motivación
Na antiga Roma, Servio Sulplicio Rufo (c. 105-c. 43 a. C.) foi un xurisconsulto dos tempos de Cicerón. Ao decatarse de que como orador non podía rivalizar con este, abandonou a retórica polo dereito e a política. Foi cónsul con Marco Claudio Marcelo.
Sulplicia foi unha poetisa do tempo do emperador Domiciano, célebre por ser a única muller escritora da historia de Roma e pola fidelidade ao seu marido.
San Sulplicio Severo (323-425) foi un patricio da Aquitania, xurista en varias cidades da Galia; fixo a primeira biografía de san Martiño de Tours e unha Historia sacra que vai desde a creación do mundo ao ano 400, fonte de información sobre a disputa priscilianista na Galia.
Houbo outro santo con este nome, bispo de Bourges (século VII).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sulpiz | |
Sulpicius | ||
Catalán | Sulpici | |
Español | Sulpicio | |
Éuscaro | Sulpizio | |
Francés | Sulpice | |
Inglés | Sulpicius | |
Italiano | Sulplizio | |
Portugués | Sulpício |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]