Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sol
feminino
Apelativo
Etimoloxía e historia
Do latín Sol 'Sol, astro e deus'. A pesar de ser nome común de xénero masculino, utilízase xa desde a Idade Media como nome de pía feminino, posiblemente por influencia relixiosa (unha advocación mariana) ou árabe, onde Xams 'sol' era un antropónimo feminino (hoxe Xamsâ).
Motivación
Na relixión romana o Sol era unha antiga divindade que tutelaba os labregos e á que se lle dedicaba o primeiro día da semana, o solis dies ‘día do Sol’, forma que se conserva en inglés (Sunday) e en alemán (Sonntag). No ano 274 o emperador Aureliano proclamou o Sol gran deus do Imperio, e acuñáronse moedas alusivas.
Chamáronse así
Dona Sol e dona Elvira é como se chamaban as fillas do Cide (Rodrigo Díaz de Vivar) segundo o Cantar; o que non se sabe é se foron personaxes reais ou soamente literarias.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Sol | |
Español | Sol | |
Éuscaro | Eguzkiñe | |
Eguzkia | ||
Ekiñe | ||
Ekhi | Ekia | |
Portugués | Sol |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]