Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Socorro
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Socorro:
Hipocorísticos
Femininos Curra
Etimoloxía e historia
Do latín succurrere, composto de sub 'baixo, debaixo' e currere 'correr': 'correr en auxilio, socorrer'.
Motivación
A orixe da advocación da Virxe do Socorro está na Idade Media, nunha lenda popular como a que se narra nunha das Cantigas de santa María do rei Afonso o Sabio: o demo buscara o xeito de apartar uns esposos da súa resolución de viviren en castidade e conseguiu que a muller tentase o marido, e, cando quedou encinta, desesperada, ofreceulle a Satanás o neno que concibira. O demo tomoulle a palabra e veu polo neno cando este fixo doce anos, pero apareceu a Virxe cun pau na man e escorrentou o maligno.
Unha advocación distinta é a Virxe do Perpetuo Socorro, devoción que se espallou por todo o orbe católico a finais do século XIX.
Chamáronse así
María del Socorro Ortega Romero, natural de Arteixo e falecida en Santiago en 2011, historiadora da arte.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Socors | |
Español | Socorro | |
Éuscaro | Sokorri | |
Sorospen | ||
Laguntzane | ||
Laguntza | ||
Italiano | Soccorsa | |
Portugués | Socorro |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]