Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Siro, Sira
Nome cristián
Pronuncia
Siro:
Sira:
Etimoloxía e historia
Derivado do latín Syrus, e este do grego Sýros ‘habitante de Siria’.
Motivación
San Siro (século IV) foi bispo en Pavía (Italia), cidade da que é patrón.
San Siro é un populoso barrio de Milán onde se construíu o maior estadio de fútbol de Italia, compartido polos dous principais equipos da cidade: o A.C. Milan, que cando lle toca xogar nel lle dá o nome de Stadio Calcistico San Siro, e o F. C. Inter, que prefire denominalo Stadio Giuseppe Meazza.
Chamáronse así
En Galicia lembramos a Syra Alonso Brufau (A Coruña 1899 - México 1970), escritora, casada co pintor Francisco Miguel. Despois de vivir na Coruña varios anos, emigrou a México co seu marido e os tres fillos; en 1933 volveron a Galicia e o seu home sería fusilado polos golpistas de 1936; ela e os fillos conseguiron volver a México, onde continuou escribindo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Siro | Sira |
Francés | Sire | |
Syra | ||
Sira | ||
Italiano | Siro | Sira |
Portugués | Siro | Sira |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]