Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sinforiano
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego, latinizado Symphorianus 'apropiado'.
Motivación
San Sinforiano (século III) foi mártir en Roma xunto con Claudio, Simplicio e Vitorino, convertidos por san Sebastián.
Chamáronse así
O madrileño Sinforiano López Alía, militar de ideoloxía liberal asentado na Coruña en 1806, encabezou en maio de 1808 nesta cidade unha rebelión contra os invasores franceses, nos inicios da chamada guerra da Independencia. Restaurado o absolutismo coa volta de Fernando VII foi apresado en Santiago en 1814 e condenado a morrer na forca en 1815. A cidade da Coruña ten unha rúa co seu nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Simforià | |
Español | Sinforiano | |
Italiano | Sinforiano | |
Portugués | Sinforiano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Sinforiano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]