Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Silvio, Silvia
Nome mitolóxico
Pronuncia
Silvio:
Silvia:
Véxase Silvestre
Etimoloxía e historia
Do latín Silvius, derivado de silva 'selva', sinónimo de Silvestre 'do bosque, boscoso'.
Motivación
Na mitoloxía romana, Silvio era fillo de Eneas e de Lavinia e sería o fundador de Alba Longa, no Lacio.
Santa Silvia (século VI) foi nai do papa san Gregorio Magno; é patroa de Palermo, en Sicilia.
Chamáronse así
Silvio Santiago García (Vilardevós 1903 - Santiago 1974), que foi un notable escritor galego, autor de obras coma Vilardevós e O silencio redimido.
Sylvia Plath (1932-1963), poeta e narradora estadounidense.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Silvius | Silvia |
Catalán | Silvi | Sílvia |
Español | Silvio | Silvia |
Éuscaro | Silbe | |
Silbia | ||
Francés | Sylvie | |
Inglés | Sylvia | |
Silvia | ||
Italiano | Silvio | Silvia |
Portugués | Sílvio | Sílvia |
Romanés | Silviu | |
Ruso | Silvii | Silvia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Silvio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]