Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Silvano, Silvana
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Nome latino mitolóxico, de Silvanus 'do souto, selvático'.
Motivación
Silvano era unha divindade romana de orixe escura, ao parecer protector das selvas, soutos e terreos sen cultivar; a el consagrábanselle os límites de separación entre os campos. É un deus benfeitor e, asemade, un demo maligno. O seu culto está ligado aos lares domésticos.
Entres os santos con este nome, houbo un san Silvano ou Silano de Roma, un dos sete fillos de santa Felicidade (século II) que foron martirizados xunto coa nai, e outro dos séculos I-II venerado en Berry (Francia).
Chamáronse así
A actriz italiana Silvana Mangano (1930-1989).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Silvanus | |
Silvan | Silvana | |
Catalán | Silvà | Silvana |
Español | Silvano | Silvana |
Éuscaro | Silban | Silbane |
Francés | Silvain | |
Inglés | Silvanus | |
Silas | ||
Italiano | Silvano | Silvana |
Portugués | Silvano | Silvana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Silvano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]