Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sidro
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Sidro:
Véxase Isidoro
Variantes
Etimoloxía e historia
Forma popular de Isídoro (>Isidro>Sidre), de onde tamén vén Isidoro; así distínguense os dous santos, o patrono de Madrid (Sidro) co sabio arcebispo de Sevilla (Isidoro)
Motivación
San Sidro (século XI) era un labrego mozárabe de Madrid cando esta cidade era aínda unha pequena vila e estaba baixo o dominio musulmán. Segundo a tradición, era tan devoto que mesmo deixaba de traballar para poñerse a rezar, pero mentres oraba uns anxos baixaban do ceo e guiábanlle os bois que tiraban do arado; deste xeito, o amo das terras non lle podía chamar a atención. Foi canonizado en 1622 por Gregorio XV, aínda que a bula da canonización non se publicou ata 1714. Os Austrias xa eran devotos do santo e bebían auga da súa fonte cando sentían que estaban enfermos, pero foi cos Borbóns cando máis se acrecentou o seu culto, sobre todo con CarlosIII na segunda metade do século XVIII. Desde 1724 é patrón da cidade Madrid. Tamén é patrón dos labradores españois.
Chamáronse así
O xeólogo Isidro Parga Pondal (1900-1986), apartado da Universidade de Santiago polo franquismo e fundador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe (1940).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Isidor | Isidora |
Catalán | Isidre | |
Español | Isidro | |
Éuscaro | Isidor | |
Isidro | ||
Francés | Isidore | |
Inglés | Isidore | |
Italiano | Isidoro | |
Portugués | Isidro | |
Ruso | Isidor |
Antes e despois de Sidro
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]