Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Severo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Severo:
Hipocorísticos
Másculinos Vero
Etimoloxía e historia
Do latín Severus, orixinariamente un cognome convertido en nome na época imperial, con significado transparente por corresponder ao adxectivo severus 'austero, riguroso, serio'.
Motivación
San Severo de Rávena (século IV) era un tecelán que un día quixo asistir, por curiosidade, á elección do bispo da cidade e acabárono elixindo a el, debido a que unha pomba se pousara na súa cabeza. Asimilado a este personaxe, tense falado dun bispo de Barcelona do século IV que antes tamén fora tecelán, aínda que se desbota a súa existencia. O que si existiu foi un san Severo barcelonés do século VII, bispo entre os anos 620 e 635.
Chamáronse así
O bioquímico español, naturalizado estadounidense no seu exilio, Severo Ochoa (1905-1993), Premio Nobel de Medicina en 1959.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Severus | |
Catalán | Sever | |
Español | Severo | |
Éuscaro | Seber | |
Francés | Sever | |
Inglés | Severus | |
Italiano | Severo | |
Portugués | Severo | |
Romanés | Sever | |
Ruso | Sever |
Antes e despois de Severo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]