Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Serxio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Serxio:
Etimoloxía e historia
Do latín Sergius, antiquísimo nome dunha familia romana, probablemente de orixe etrusca.
Motivación
San Serxio e san Baco (séculos III-IV) foron dous oficiais sirios da garda imperial en Constantinopla denunciados por cristiáns e decapitados nesta cidade, durante o imperio de Maximiano.
Levaron este nome catro papas da Idade Media; só o primeiro (687-701) foi canonizado. A pesar dos santos citados e dos catro papas, o nome de Serxio ficou case esquecido na Idade Media. Rexurdiría na Igrexa ortodoxa rusa por san Serxio de Rádonezh (1314-1392), eremita fundador do mosteiro de Zagorsk, o equivalente na Igrexa oriental a san Bieito na occidental.
Chamáronse así
É entre os eslavos onde máis se rexistra este nome: os compositores rusos Serghei Rakmaninov (1873-1943) e Serghei Prokofiev (1891-1953), o cineasta Serghei Eisenstein (1898-1943) e o atleta ucraíno Serhij Bubka (1963), saltador de pértega. Así mesmo, tamén o levou o cineasta italiano Sergio Leone (1929-1989).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sergius | |
Catalán | Sergi | |
Español | Sergio | |
Éuscaro | Sergio | |
Francés | Serge | |
Inglés | Sergius | |
Italiano | Sergio | |
Portugués | Sérgio | |
Romanés | Sergiu | |
Ruso | Sergii | |
Serghei |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Serxio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]