Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Serafín, Serafina
Nome cristián
Pronuncia
Serafín:
Serafina:
Hipocorísticos
Másculinos Finso, Fin, Fincholo
Etimoloxía e historia
Do hebreo serafim, plural de seraf 'serpe' ou de seraf 'queimar'. Saraf, na Biblia, era a serpe de bronce feita por Moisés no deserto do Sinaí, para protexer o pobo das enfermidades e das mordeduras das víboras; saraf interprétase como 'queimador' polo incenso que lle queimaban os xudeus; xa que logo, hai unha converxencia de dous valores semánticos.
Motivación
Os serafíns eran os espíritos puros que rodeaban a Deus no primeiro dos nove coros anxélicos; ao principio foron concibidos como serpes de lume ou lampos.
San Serafín de Monte Granaro (século XVI) foi un leigo capuchino deste convento das Marcas italianas. Hai unha santa Serafina que se di que era galega e que fora bautizada por Santiago (século I) e outra do século XIII da cidade toscana de San Gimignano, onde é venerada; cando era nena quedou paralítica e pasou case toda a súa vida deitada nunha cama.
Serafín é tamén un nome augural, que, como Benxamín, moitos pais de familias numerosas impoñían ao que desexaban que fose o derradeiro fillo: "será fin".
Chamáronse así
O pintor romántico e impresionista Serafín Avendaño (1838-1916), vigués, e o historiador da arte Serafín Moralejo Álvarez (1946-2011), compostelán.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Seraphinus | |
Seraphin | Seraphine | |
Catalán | Serafí | Serafina |
Español | Serafín | Serafina |
Éuscaro | Serafin | Serafina |
Francés | Séraphin | Séraphine |
Inglés | Seraphim | Seraphina |
Italiano | Serafino | Serafina |
Portugués | Serafim | Serafina |
Romanés | Serafim | |
Ruso | Serafim | Serafina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Serafín
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]