Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Secundino, Secundina
Nome cristián
Pronuncia
Secundino:
Secundina:
Hipocorísticos
Másculinos Quino, Cuco, Cunino, Dino
Femininos Dina, Cuca
Etimoloxía e historia
Do latín Secundinus, xentilicio de Secundus.
Motivación
Existiron varios santos lendarios co nome de Secundino: en Italia, Irlanda etc. Tamén houbo outro na Córdoba musulmá do século IX.
Chamáronse así
Secundino Cora García (Ourol, 1850? - A Habana, 1892), xornalista e poeta galego que cofundou na Habana a Revista de Galicia (1886) e que foi secretario do Centro Galego desta cidade.
Secundino Iglesias Ortigueira (1918-1982), Siorty, reporteiro gráfico galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Secundinus | |
Catalán | Secundí | Secundina |
Español | Secundino | Secundina |
Éuscaro | Zekondi | |
Sekundino | Sekundina | |
Inglés | Secundinus | |
Italiano | Secondino | Secondina |
Portugués | Secundino | Secundina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]