Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Segunda, Segundo
Nome cristián
Pronuncia
Segunda:
Segundo:
Etimoloxía e historia
Do latín Secundus 'segundo (fillo nacido)'. Pode ser tamén un nome augural xa que secundus tamén significa 'propicio, favorable'.
Motivación
San Segundo foi un soldado martirizado en Asti (Piemonte, Italia) contra o ano 134.
Contribuíu a popularizar o nome a novela Don Segundo Sombra (1926), do escritor arxentino Ricardo Güiraldes.
Chamáronse así
O empresario Segundo Pampillón Rodríguez (1907-1980) era alcalde de Mos en 1936; foi xulgado polos golpistas por rebelión militar, resultou absolto e emigrou a Buenos Aires, onde colaborou en actividades galeguistas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sekundus | |
Secundus | ||
Español | Segundo | Segunda |
Éuscaro | Sekunde | |
Segundo | Segunda | |
Francés | Second | |
Inglés | Secundus | |
Italiano | Secondo | |
Portugués | Segundo | Segunda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]