Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Serapio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Serápios e este de Sérapis / Sárapis, deus tutelar de Alexandría creado por Ptolomeo I como representación antropomorfa de Apis, o deus-boi do panteón exipcio. A súa intención foi fabricar un deus que fose admitido por gregos e exipcios.
Motivación
Fálase dun san Serapio (século IV), chamado o Sindonita, eremita que non tiña máis roupa ca un anaco dunha saba. Hai outro, nado en Londres (séculos XII-XIII), que morreu en Alxer por predicar contra o Islam. Un san Serapio, mercedario, ten culto en Conxo (Santiago).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Serapio | |
Éuscaro | Serapio | |
Italiano | Serapio | |
Portugués | Serápio |
Antes e despois de Serapio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]