Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Servando
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Servando:
Etimoloxía e historia
Nome cristián-romano, do latín Servandus, de servare 'que ha de ser gardado, que se ha de conservar'. Foi na súa orixe un alcume de escravos.
Motivación
San Servando (séculos III-IV), leigo de Osuna (Andalucía), padeceu martirio e morte en tempos de Diocleciano, xunto con san Xermán. Os dous son dos santos máis antigos no culto hispánico (século VII).
A Historia de don Servando é unha obra de historia redactada en lingua galega durante o século XVII polos irmáns Juan e Fernando Fernández de Boán e que permaneceu inédita ata o século XX; trátase dunha das poucas manifestacións do galego escrito dos chamados Séculos Escuros.
Chamáronse así
Johan Servando (século XIII), xograr galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Servando | |
Portugués | Servando | |
Romanés | Şerban |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Servando
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]