Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Severino
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Severino:
Véxase Severo
Hipocorísticos
Másculinos Vero, Virucho, Xeve
Etimoloxía e historia
Do latín Severinus, derivado de Severus.
Motivación
San Severino (século V) evanxelizou Nórico, provincia do Imperio romano situada aproximadamente onde hoxe está Austria. Segundo a tradición, as súas reliquias chegaron a Nápoles. Houbo outro santo deste nome en Colonia (século IV), bispo desta cidade.
Chamáronse así
O filósofo dinamarqués Søren Kierkegaard (1813-1855).
Severino Pérez Vázquez (1840-1915), xornalista, inventor e músico natural de Cotobade; creador do malvis —piano electrónico—, do tecnefón —a única máquina falante deseñada en España—, e a vocalina —primeira tecnoloxía de síntese de voz.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Severinus | |
Catalán | Severí | |
Danés | Søren | |
Español | Severino | |
Éuscaro | Seberino | |
Francés | Séverin | |
Inglés | Severinus | |
Italiano | Severino | |
Portugués | Severino | |
Romanés | Severin | |
Ruso | Severin |
Antes e despois de Severino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]