Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sibila
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do latín sibylla, do grego Síbylla 'sibila, profetisa'.
Motivación
Na tradición grecolatina chamábanse así as sacerdotisas encargadas de transmitir os oráculos, maiormente do deus Apolo. As máis célebres foron a do templo de Delfos (Sibila délfica) e a do templo de Cumas en Italia (Sibilia cumana).
Son moi coñecidas as representacións que das Sibilas pintou Michelangelo na Capela Sistina do Vaticano.
Chamáronse así
Houbo dúas nobres medievais deste nome: Sibila de Barcelona (1035-1074), condesa consorte de Borgoña, e Sibila de Fortiá (1350-1406), raíña consorte de Aragón.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sibille | |
Catalán | Sibiŀla | |
Español | Sibila | |
Éuscaro | Sibila | |
Francés | Sibille | |
Inglés | Sibyl | |
Italiano | Sibilla | |
Portugués | Sibila | |
Romanés | Sibila |
Antes e despois de Sibila
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]