Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Silverio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Silverio:
Etimoloxía e historia
Do latín Silverius, derivado de silva 'souto', formado no século VI co sufixo -erius sobre o modelo doutros nomes persoais como Tiberius, Valerius etc.
Motivación
San Silverio, papa (536-537), era natural da Campania; odiado e perseguido pola emperatriz Teodora, por non obedecer unha orde do emperador Xustiniano, foi desterrado á illa Palmaria, onde morreu de fame.
Chamáronse así
O asturiano Silverio Cañada Acebal (1938-2002) foi o editor de dúas importantes obras: a Gran Enciclopedia Asturiana e a primeira edición da Gran Enciclopedia Gallega, esta a partir de 1974, un total de 43 tomos en castelán.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Silverius | |
Catalán | Silveri | |
Español | Silverio | |
Éuscaro | Silverio | |
Francés | Silvère | |
Inglés | Silverius | |
Italiano | Silverio | |
Portugués | Silvério |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Silverio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]