Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Silvestre
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Silvestre:
Etimoloxía e historia
Do latín Siluester, testemuñado como nome só en época cristiá. Para os romanos era unha palabra de significado transparente por corresponder ao adxectivo silvester 'selvoso' e tamén 'habitante dos soutos', e de aquí 'salvaxe, rústico', derivado de silua 'selva, souto'. De feito é aínda un adxectivo de uso común co seu significado orixinal, mesmo aplicado a persoas.
Motivación
San Silvestre (314-336) foi papa un ano despois do Edicto de Milán, co que o emperador Constantino puxo fin ás persecucións contra os cristiáns e permitiu o culto. Convocou o primeiro concilio ecuménico, o de Nicea (325).
Houbo outro san Silvestre de Braga, cuxas reliquias —xunto coas de santa Susana, san Froitoso e san Covade— foron obxecto do chamado “pío latrocinio” de Diego Xelmírez en 1102 para a sé apostólica de Compostela, tras a súa visita á aínda daquela sé metropolitana de Galicia: Braga.
Por coincidir a súa festa onomástica co derradeiro día do ano é un dos máis habituais “nomes de día”, imposto a nenos que nacen nesta data. En tempos antigos era tamén un nome “de estigma”, que non poucos sacerdotes oficiantes de bautismos impoñían a nenos fillos de nai solteira para castigar o suposto pecado da súa proxenitora.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sylvestre | |
Silvester | ||
Catalán | Silvestre | |
Español | Silvestre | |
Éuscaro | Silbestre | |
Francés | Sylvestre | |
Silvestre | ||
Inglés | Sylvester | |
Silvester | ||
Italiano | Silvestro | |
Portugués | Silvestre | |
Romanés | Silvestru | |
Ruso | Silvestr |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Silvestre
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]