Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sisto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Sisto:
Etimoloxía e historia
Do nome persoal Sixtus, que non se documenta nos repertorios latinos clásicos, pero si desde o principio do cristianismo, pois foi nome de papas desde o século II. Debía estar relacionado co numeral sextus.
Motivación
Foi nome de varios papas: Sisto I, mártir no século I; Sisto II (século III), de orixe ateniense; Sisto III (século V), papa romano; Sisto IV (século XV) e Sisto V (século XVI).
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Sixtus | |
| Catalán | Sixte | |
| Sixt | ||
| Español | Sixto | |
| Éuscaro | Sisto | |
| Francés | Sixte | |
| Inglés | Sixtus | |
| Italiano | Sisto | |
| Portugués | Xisto | |
| Sisto |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




